Non pasará á historia dos debates políticos televisados, ainda que aqueles que adiantaron que sería o cara a cara máis interesante dos coñecidos como ‘debatiños’, acertou. O candidato á reelección coma presidente da Xunta e o cabeza de lista do BNG, amosaron, durante a hora de debate que ven dúas realidades moi distintas. Mentras que Alberto Núñez Feijóo amosouse “orgulloso” do que fixo neste mandato e, aínda que recoñeceu que “Galicia vive o seu mometo máis difícil” dende o punto de vista económico, asegurou que “sí cadramos as contas” o cal, indicou, foi “grazas aos galegos que creen que esta situación pódese superar”.
O ainda presidente recoñeceu que é imposible que poida estar tranquilo con 260.000 personas sen traballo, prometeu loitar contra “esta lacra” cunha “xestión responsable” e puxo coma exemplo da mesma o que fixo dende 2009, o que permitiu que Galicia “sexa a comunidade máis solvente do Estado”. Feijóo cargou contra o bipartito (presidido por Emilio Pérez Touriño e do que formaba parte o BNG), asegurando que deixou sen pagar “máis de 2.400 millóns de euros”, polo cal engadiu “a Xunta xa non é un problema para os galegos , senon un aliado fronte a crise”.
Pola súa banda, Francisco Jorquera negou que o executico popular fose efectivo, “vostede vende solvencia, pero iso é ter capacidade para crear emprego e con vostede no gobernó galego hai casi o dobre de galegos e galegas sen emprego”. O nacionalista puxo en dúbida o logro comentado por Feijóo de ter cadrado as contas, “nen de austeridade pode presumir”, indicou, botando man das informacións coñecidas hoxe: que a Xunta trasladou facturas por un montante superior aos 400 millóns de euros dos exercicios 2010 a 2011 para que cadrase o déficit público.
O candidato popular compremeteuse a dirixir un “goberno unido, e cun líder” e, logo de dirixirse aos galegos coma “veciños”, prometeu unha “xestión responsable, baseada no respeto, en plena libertade e sen imposicións”.
Jorquera rematou a súa intervención pedindo aos votantes que escollan un “cambio real, cun gobernó que aposte polas inmensas capacidades productivas de Galicia para xerar emprego e protexer os servizos públicos”. O nacionalista indicou que “necesitamos un presidente humilde, que non minta, comprometido coa sociedade e que esté preto da xente” e, en referencia á constante teima do presidente dos populares galegos polo inglés, e para deixar craro que non é incompatible co galego rematou despedíndose cun “boas noites, good night”.