Eleccións

O BNG paralizará as obras da Cidade da Cultura

O candidato á Presidencia da Xunta polo BNG explicou este sábado, nun acto na Praza do Toural, en Compostela, as liñas básicas do seu programa cultural no que comprometeuse a “movilizar todos os recursos para a creación e difusión cultural”. Francisco Jorquera adiantou que, de formar parte do Goberno galego recuperará a Consellería de Cultura, que foi suprimida a mediados desta lexislatura polo presidente Feijóo e “paralizaremos as obras da Cidade da Cultura”, subliñou.

Ademáis, engadiu o candidato en resposta ás preguntas dos asistentes ao coloquio que seguiu ao acto, o BNG plantexa redefinir os usos dos edificios e a crear un ‘Museo Nacional e un Arquivo Nacional Galego’. No que atingue a este último, Jorquera adiantou que o Bloque pedirá que se transfiran a Galicia “os fondos documentais do Museo de Alcalá” que, enfatizou, son patrimonio galego.

 

También te puede interesar