Vigo al minuto

Sol pola mañá e nubes pola tarde…este sábado decímoslle adeús ao anticiclón

De momento saeu o sol pero, segundo a previsión de MeteoGalicia, a situación vai cambiar pola tarde. Aos ceos con nubes altas seguirá a entrada de máis nubes polo noroeste, onde comezarán as chuvias que se estenderán ó resto de Galicia durante a noite e que serán localmente moderadas e ocasionalmente treboentas no litoral atlántico.

As temperaturas mínimas empezarán a baixar, ainda que as máximas seguirán sen cambios, mentras o vento, que era frouxo e variable á mañá, irá aumentando a sur moderado á tarde. No resto do litoral, ventos do sudoeste frouxos á mañá, aumentando a moderados ao longo do día con intervalos fortes á noite, sendo moi fortes arredor de Bares.

Isto significa que iremos perdendo a influencia anticiclónica ao longo da xornada deste sábado polo achegamento dunha fronte polo Atlántico. Nas Rías Baixas, vento frouxo e variable á mañá, aumentando a sur moderado á tarde.

En Vigo teremos un incremento progresivo das nubes ó longo da xornada, mentras baixan as temperaturas que oscilarán entre os 8 e os 18 graos. Mañá, domingo, chegan intervalos anubrados con precipitacións intermitentes que irán remitindo ao avanzar o día. Temperaturas mínimas en notable ascenso, chegando aos 15 graos, e máximas sen cambios significativos.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.