Membros de Salvamento Marítimo retomarán este luns a búsqueda dos tripulantes desaparecidos este domingo logo de que un veleiro encallase na ensenada de Orzán, na Coruña. Onte, preto das 9 da noite, as operación tiveron que suspenderse a causa das adversas condicións da mar na zona. Ate ese momento foi achado o cadáver dun varón de avanzada idade e de aspecto nórdico, segundo confirmaron médicos do 061. O corpo foi trasladado ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac), á espera de confirmar a súa identidade.
Polo momento non está claro con seguridade cantas persoas permanecen desaparecidas, xa que testemuñas que presenciaron como encallaba o veleiro nunha zona de rochas próxima á Casa dos Peixes falan de dous ou tres tripulantes en total, polo que podería haber dous desaparecidos, coma se pensaba dende un principio.
Durante esta noite, equipos de Protección Civil e da Policía Local proseguiron cos labores de rastrexo das praias próximas logo de que dous bombeiros da Coruña intentaran acceder, mergullándose, ao veleiro para comprobar se outros tripulantes poderían permanecer no interior.
Agárdase que hoxe pola mañán, retomen ás labouras de búsqueda a embarcación de intervención rápida Salvamar Mirfak, o buque Sar Gavia e a patrulleira da Garda Civil Río Andaraix, ademáis do helicóptero Helimer Galicia, ainda que a a súa acción dependerña do estado do mar.