Vigo al minuto

Máis de 1.400 personas van ao teatro Caixanova a escoitar a Beiras, 700 dentro e 700 fora

Poida que sexa verdade o que din del, que é o primeiro indignado do país e que por iso a encaixe nunha candidatura nova coma o café co leite ou, se cadra, é que á xente nova, coma decía Bernard Shaw, sexa coma o alma, que ten gustos caros, e gústalle a boa música, a boa pintura, un bo libro e o talento, pero funciona e por iso as enquisas sinalan que Alternativa Galega de Esquerda (AGE) é realmente iso: unha alternativa, galega e de esquerdas.

Ou pode que non  teña que ver con nada de iso e que o verdadeiro motivo de que AGE poida pasar de cero a entrar no Parlamento de Galicia cun grupo parlamentario propio sexa o que apuntou o seu propio candidato á Presidencia da Xunta que “ninguén contaba con que se producise isto. O caso é que os que se preguntaban, como él mismo dixo “qué pinta Beiras? está queimado que Dios”, agora teñán unha expresión similar ao logotipo desta coalición, unha admiración.

Se cadra non é nada do anterior e o que ideas como “o importante é que o pobo está en pé”, “a democracia pasou a ser unha mixtura de oligarquía e demagoxia”, “pensan que o pobo é idiota” ou “estamos nun proceso de rebelión cívica na que os cidadáns toman a iniciativa”, cadren cos pensamentos de moita xente metida nunha crise que xa vai para seis anos na que a idea de que os que menos teñen sexan os que están pagando unha recesión, ou “unha grande depresión coma a nos anos 30 do século pasado”.

Pero tamén é posible que as máis de 600 persoas que poideron entrar á sa pequeña do teatro Caixanova, ou coma se chame agora, e as outras 600 que quedaron fora escoitando o mitín dos candidatos de Alternativa Galega de Esquerda… o mitin de Beiras, pensen que é certo que os partidos “deben de ser as pontes da relación entre a sociedade civil e a sociedade política, e non estructuras nas que os seus integrantes están nelas para agarrarse ao aparto do Estado e reproducirse nel”.

Esto foi parte do que dixo Beiras na súa intervención, a última, na que se amosou dacordo co que apuntaron quenes falaron antes, o cabeza de lista por Pontevedra, Juan Fajardo, ou a súa compañeira na lista pola Coruña, Yolanda Díaz, quenes denunciaron a perda de dereitos básicos dos cidadáns, a privatización de bens común, “coma o aire ou a auga, que pasaron a ser un negocio”, o incremento do paro en Galicia ate chegar aos 300.000 desempregados, a merma da Sanidade Pública, da Educación Pública, “para acabar pagando aos bancos ou facendo o que din uns empresarios alemán, que foron quen de conseguir que PP e PSOE estivesen dacordo en reformar a Constitución para que o primeiro sexa ese pago e non os cidadáns”.

Pero non foi o único que dixo, logo de calificar aos actuáis gobernantes do Estado e da Xunta coma “necios e nazis, nazinecios, coa os chamo eu”, ou asegurar que “estamos na putrefacción da segunda restauración borbónica” ou de tildar á oposición no Parlamento de Galicia coma “irresponsable”, “se tivesen parado eles as barrabasadas deste goberno, nos non estaríamos aquí”, rematou poñendo coma exemplo do que tiñan que ter feito a Islandia, “foi o único estado que plantulle cara ao Fondo Monetario Internacional, facendo un referéndum e decidindo que non querían pagar o rescate dos bancos e que os responsables do que pasaba tiñan que ser xulgados…e falamos dun país cunha poboación similar a de Vigo”.

 

También te puede interesar