Cumplise a orde xudicial que obliga ao Concello a devolver aos herdeiros do xenial pintor as 21 obras que estaban a cidade tiña en depósito dende 1968, cando o propio Maside e o alcalde da época, Rafael Portanet, chegaron ao acordó de que os lenzos fosen expostos para o disfrute dos veciños da cidade. Dende 1997 os sobriños do artista tentaron chegar a un acordó coas autoridades municipales para que os cadros se quedasen en Vigo pero, segundo eles, non foi posible.
“Despois de 15 anos de dificultoso contacto cos responsables do Museo de Castrelos e os sucesivos gobernos municipais, e lonxe de sentírmonos satisfeitos polo resultado que pon fin a unhas frustrantes relacións coa institución, lamentamos que o desinterese amosado polas autoridades municipais teña derivado finalmente na privación á sociedade viguesa dunha colección fundamental para os fondos da nova pinacoteca” indican nun comunicado.
A derradeira tasación encargada polo Concello, valoraba as 21 obras en 700.000 €, unha cantidade que, ainda que os herdeiros de Maside estiman que é baixa, estaban dispostos a aceptar parta que as obras non se fosen da cidade. Pero, ao seu entender, non houbo interese municipal algún, polo cal decidiron facer efectiva a clausula do acordó entre o pintor e o alcalde Portanet que establecía que os cadros volverían aos depositarios ou herdeiros do artista cando estos así o reclamasen. E, en 2006, acudiron á Xustiza que, hai 3 meses deulles a razón.
Cal será agora o destino das obras? A primeira parada será o Museo Provincial de Pontevedra, de cara a onde ían, en dous coches particulares, pasada a unha e media da tarde deste xoves, ainda que a intención dos sobriños do pintor é vender toda a colección conxuntamente a unha institución que coide os cadros e difunda a obra de Carlos Maside coma unha parte importante da historia e da cultura galegas.