Hai uns días uns 30 membros da comunidade educativa do colexio número 3 de Ponteareas trasladáronse o concello veciño de Covelo para facer unha ruta polo Xabriña.
Cando chegaron eran agardados por un membro da comunidade de Montes de Paraños, xunto a un membro do departamento de turismo do Concello para realizar a visita guiada o lagar e museo de cera.
Sendo despois guiados pola traballadora do concello polas fermosas paisaxes que nos brindan os montes de Paraños pola ruta do Río Xabriña.
Desde a executiva da Anpa de Ponteareas queren agradecer tanto o concello de Covelo como a comunidade de montes de Paraños que se volcasen coa Anpa do colexio atendendo a todas as súas peticións inclusive o de poder viaxar ó pasado, poñendo a funcionar estes un muíño, onde os asistentes puideron apreciar como era o seu funcionamento.