Galicia

82 feridos e un morto nas estradas galegas esta fin de semana

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana un total de 82 persoas debido a 60 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas dende as 3 da tarde do venres, día 19 ate as 23:59 de onte. O maior número de atencións por sinistros rexistráronse o domingo con 21 accidentes.

A Central de Coordinación do 061, recibiu nestes días 70 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 60 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon a un total de 82 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 62 e 38% e nas idades dos feridos, obsérvase cun 26% dos atendidos tiña entre os 30 e os 39 anos. Por provincias foi A Coruña a que rexistrou máis accidentes con 27 sinistros de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 72. Así, ambulancia medicalizada acudiu a tres sinistros, as ambulancias asistenciais mobilizáronse en 61 sinistros, as ambulancias convencionais acudiron a tres accidentes, e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en cinco sinistros.

En 70 casos os feridos foron trasladados aos centros hospitalarios correspondentes, dúas persoas foron trasladadas a un centro de Atención Primaria, outros nove foron atendidos no propio lugar do incidente sen necesitar traslado e unha persoa faleceu no lugar do sinistro.

 

También te puede interesar