Beiras, “se Feijóo cree que por renovar a maioría os cidadáns van a estar mansos coma vacas, equivócase”

Non deixou lugar a dúbidas das súas intencións e, con esta frase e con esta outra. “ o apoio a AGEpermite romper o xogo, modificar rotundamente a composición do Parlamento, coa entrada por primeira vez en moitos anos do “nacionalismo que non xoga no Parlamento de cartón a operar no marco do sistema, senón que quere transcendelo, combinado coa esquerda social en termos políticos”, avisou do que será a súa acción parlamentaria.

Xosé Manuel Beiras volta ao Pazo do Hórreo dez anos despois e empeza a súa laboura de oposición adevertindo que “a derrota do PP vai ser segura” e sinalando un novo camino coa irrupción de Alternativa Galega de Esquerda no Parlamento de Galicia.

Beiras, o grande gañador deste domingo,  denunciou que a maioría renovada do PP prodúcese porque o  PSdeG e BNG, nos últimos tres anos, non fixeron o seu traballo, “nos conseguimos reactivar á sociedade e a rebelión cívica está en marcha”, sentenciou asegurando que está “convencido de que nos próximos días comeza un novo ciclo histórico no país”.

O líder de Alternativa Galega de Esquerda subliñou que a súa formación conqueriu “ter uns resultados en votos e número de escanos que significan unha derrota electoral para o PP”. Neste sentido, esgrimiu que “non hai que fiarse dos resultados aparentes”, xa que “o PP vai manter a súa maioría de escanos porque as dúas forzas políticas na pasada lexislatura na oposición non obtiveron o apoio que terían de facer o seu labor na oposición”.

Beiras achacou os resultados aos “continxentes” de persoas que se sumaron “por todo o país e a que a sociedade, que estaba activa, atopou nesta alternativa o referente político” fronte á “brigada de demolición do Goberno de Feijóo”.

 

También te puede interesar