Comarcas

“Xuventude en movemento”, venres e sábado en Tui para orientar sobre emprego xuvenil

A campaña de difusión sobre as iniciativas europeas en materia de xuventude que promove a Unión Europea ao abeiro da iniciativa “Xuventude en movemento” chega esta fin de semana á Eurocidade Tui – Valença cun amplo programa de actividades de información, de formación e tamén de lecer.

Ao longo da xornada do sábado a carpa instalada no céntrico Paseo da Corredoira tudense acollera xunto a diversos stands de institución relacionadas coa promoción do emprego e a formación da mocidade, diversos encontros ou talleres sobre estas materias. Cómpre salientar, entre outras as seguintes actividades:

“Networking e busca de emprego” (11:00 h) ou cómo empregar as redes sociais para atopar emprego e novas saídas profesionais. Esta charla está impartida polos responsables do Instituto Superior de Administraçao e Gestao (ISAG) de Porto – Portugal que estarán abertos a responder a todas as consultas e dúbidas que queiran formular os participantes neste encontro de “Xuventude en movemento”

“Para que serve o Eures?” (11:30 h.). A rede Eures ofrece vacantes de emprego en máis de 31 países europeos, recolle currículos de candidatos interesados nas prazas ofertadas, informa sobre todo o que se precisa para vivir e traballar nos países da Unión Europea, etc. É unha moi ampla e útil ferramenta europea para o emprego pero que posúe un reducido coñecemento polos mozos e mozas de Galicia e Norte de Portugal. Os responsables do Eures Transfronteirizo realizarán unha exposición deste servizo e informaran de xeito directo ás consultas que se realicen.

“Para que serve o Enterprise Europe Network?” (16:00 h.) Esta rede proporciona asistencia profesional especializa a empresas e emprendedores para explotar ao máximo as oportunidades de negocio a nivel europeo, asi como asistencia en procesos de transferencia de tecnoloxía e sobre programas europeos de financiamento. Esta charla – taller estará a cargo da Confederación de Empresarios de Galicia.

“Que é o Erasmus para mozos emprendedores?”, paralelo ao programa de intercambios para estudiantes este programa europeo ofrece a posibilidade de traballar, por un período de ata seis meses, nunha empresa doutro país europeo adquirindo experiencia e intercambio de ideas. Esta charla estará a cargo de José Luis Villaverde de Uninova (Iniciativas Empresariais Innovadoras) da Universidade de Santiago de Compostela.

Se completa o programa desta xornada con outros cinco obradoiros, charlas e debates sobre materias relacionadas co emprego e a formación no ámbito da Unión Europea e que abren novas expectativas de futuro para a mocidade

 

También te puede interesar