Vigo al minuto

Este sábado, Feira no Casco Vello

A cultura do consumo ecolóxico e a artesanía enche o Casco Vello. Nesta edición esta previsto que a FEIRA ocupe a Praza da Pedra e as rúas Palma, Oliva e Triunfo  pero se amenaza choiva trasladarase a montaxe ao Mercado do Berbés. O horario de inverno do mercado será ininterropido de 10.00 a 19.00 h.

Esta iniciativa do Concello de Vigo, a Asociación de Comerciantes Vigo Vello e a Sociedade Galega para a Difusión e Conservación do Patrimonio (SGDCP), coa colaboración da Asociación de Produtores Ecolóxicos Galegos APEGA aboga por convertirse nun recurso económico para a cidade dado o crecente interese por estes sectores. O comercio sostible aboga por ciclos de comercialización curtos, no que existen poucos intermediarios e o produto non ten que desplazarse moitos kilómetros.

O papel na FEIRA dos produtores ecolóxicos galegos dende a súa asociación APEGA é moi destacado xa que en cada edición participan coa organización de charlas e degustacións gratuítas de produtos.

FEIRA pretende asentarse ata ser un recurso turístico, tomando como referencia outros como o  mercado tradicional Borought Market en Londres. As rúas do Casco Vello ambientadas polos postos de venda crean o mellor ambiente posible para o paseo. O valor engadido dos productos de aquí  pola súa calidade e idoneidade para nós supón un arma fronte á crise económica . A ampla oferta permite ademais que tanto o visitante que busca produtos gourmet ou xoiería de autor como o que quere mercar ovos teñan o seu oco.

Como nas anteriores edicións os participantes rondan o medio centenar. Entre os produtores destaca a horta bio, meles, cervexas artesáns, carne ecolóxica, ovos de galiña de Mos, unha amplia oferta de queixos, pans e conservas ecolóxicas. No eido da artesanía haberá canteiros, talladores de cristal e todo tipo de complementos de coiro. Ademáis estará presente a cosmética ecolóxica, o deseño téxtil, xoiería e,  como novidade, unha gran oferta de produtos naturais para bebés.

Realizaranse obradoiros gratuítos para familias nos que se fabricarán complementos artesanias baseados nas temáticas dos Samaín a cargo das firmas de complementos Chirliña e Leónlagata.

Durante a tarde invitarase a os visitantes a merendar produtos ecolóxicos (infusións naturais, chocolate bióloxico e pastas) mentras se disfruta das charlas sobre a cociña ecolóxica no nomeado restaurante vigués de Tapa en Cepa a cargo do seu chef Juan Carlos Perret e a pioneira na agricultura ecolóxica na comarca, Ágatha Broeskamp, conta a súa experiencia.

Ágatha leva cultuvando segundo os criterios da agricultura ecolóxica dende hai casi trinta anos “Cremos que esta forma de cultivar e moito máis (bio-)lóxica, porque protexe a saúde, o medio ambiente e a economía, tanto a de quen cultiva como a da sociedade. Está en consonancia coas leis da natureza.” Segundo esta labrega a necesidade de pasarse ao consumo de produtos ecolóxicos é real: “Todo o mundo que ten temor ó cambio climático, ten que cambiar a ecolóxico, porque se a agricultura fose 100 % eco, aforraríamos o 25%  das emisións.”

 

También te puede interesar