Cultura Galicia

Ti decides, ou quedas na casa ou ves a Riós á Feira da Castaña e o Cogumelo

Durante esta fin de semana, o concello ourensán de Riós, coñecido ademáis polo seu festival de cine, celebra a Feira da Castaña e do Cogumelo, unha cita que xa é tradicional e que servirá para, durante os días 3 e 4 de novembro, sábado e domingo, por en valor dous dos seus productos de maior calidade.

Este ano a cita amplía un día a súa duración para dar acollida, ademáis da propia festa gastronómica en sí, a múltiples actividades culturales, deportivas e de lecer, que van dende recitáis, pasando por xuntanzas de emprendedores ademáis, por suposto, da degustación destes productos que constitúen un dos activos máis apreciados deste concello.

O programa abrirase o sábado ás 4 e media do serán coa inauguración da exposición de cogumelos e artesanía local; de seguido, ás 6, unha charla sobre “Cómo crear o teu propio emprego no eido forestal”; seguirá, ás 7, un recital-concerto a cargo de Xosé Carlos Caneiro e Emilio Rúa, “Despois de ti, a choiva”, todos eles no Multiusos de Riós. Ás 8, na Praza do Toural, haberá un magosto popular con castañas, empanada e carne de porco, organizado pola Asociación de Veciños de Riós  e Marcelín e, na mesma praza, pero ás 9 da noite, un concertó acústico de Toñito de Poi…e todo elo cunha entrada única de 5 € que pódese  mercar en bares e tendas do mesmo concello.

O domingo, o día grande, ás 9 e media da mañán, darase a saída ao Tour Cilista Festa da Castaña, con dúas rutas de 28 e 47 kilómetros; ás 10 e media, reábrese a feira cunha exposición de pratos de cociña elaborados con productos locais. Á 1, chega a degustación de productos típicos, castañas, cogumelos, viño e chourizo, todo por un prezo anticrise, 1,5 €, e con menús especiais nos restaurantes, a 10 €, en troques da comida popular.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.