Ciencia y Tecnología Vigo al minuto

Especialistas mundiais reunidos en Vigo advirten de que aumenta a emisión de gases que causan o efecto invernadoiro

Un dos copresidentes do Grupo III do Panel Intergobernamental sobre Cambio Climático (IPCC) da ONU explicou, este luns en Vigo, que nos últimos 10 anos se detectou un aumento “moi considerable” de gases de efecto invernadoiro e que, “mesmo en crise, se está a detectar un crecemento destas emisións”.

Nunha rolda de prensa na cidade, onde comezou hoxe a reunión de expertos do IPCC da ONU de cara á realización do seu próximo informe, Ottmar Edenhofer  achacou esta tendencia ao aumento de usos do carbón, pois nalgunhas áreas do mundo o aumento do prezo deste foi menor que o do prezo do gas.

Edenhofer advertiu que non se están a conquerir os obxectivos esperados e que o reto este século a limitación de emisións, ademáis de incidir na limitación de carburantes falará da “capacidade da atmosfera para captar contaminantes”. Neste senso, o grupo intergobernamental de expertos traballa en distintos escenarios, vendo os resultados que se alcanzan se non se adoptan medidas contra o cambio climático e se si se adoptan. En canto ás alternativas, Edenhofer salientou que son distintas dependendo de qué parte do Globo se trate, xa que non son as mesmas nos países emerxentes ou en vías de desenvolvemento que no mundo desenvolvido.

 

También te puede interesar