Comarcas

O Concello de As Neves acomete a reforma integral do espazo público da A Caiña, con enerxía solar, novos accesos e máis espazo de lecer

O Concello de As Neves desenrolará un proxecto integral para a mellora das instalación deportivas e o espazo público de ‘A Caiña’, composto por varias instalación deportivas, coma o campo de fútbol municipal e a piscina. No que atingue ao campo de fútbol, instalaranse catro placas de enerxía solar que proporcionarán auga quente aos vestiarios de dita instalación. O novo sistema estará composto polas devanditas catro placas, unha unidade central de regulación, unha unidade de grupo hidráulico, un acumulador solar de 750 litros, e as correspondentes tuberías e accesorios.

Os mesmos ocuparán unha superfice inferior a 30 metros cadrados e permitirán un considerable aforro de enerxía eléctrica, a utilización dunha enerxía renovable e a conservación do medio ambiente. O orzamento total da obra será de 9.407 € dos cales 3.292 corresponderán ao exercicio de 2012 e 6.114 ao do vindeiro 2013, financiadas pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER).

Ademáis, levarase a cabo a mellora do acceso rodado ao espazo de ‘A Caiña’. O actual acceso á zona do parque infantil e a pista de xogos vai ser dotado, dun novo pavimento que mellorará a súa accesibilidade, eliminando a actual entrada, de terra, que dificulta a circulación, tanto das personas como das cadeiras e carros de nenos.

As obras de mellora do parque infantil consistirán no peche dos accesos ao mesmo e a pista de xogos para evitar os actos vandálicos. A tal fin, instalaranse portais de entrada e un peche con candeleiros metálicos de tres metros de altura. Nas mesmas obras se sustituirá o peche da pista de tenis e a entrada ao parque infantil. Nesta crearase unha zona verde coa plantación de carballos e arbustos e catro bancos.

Polo que atingue á piscina, vaise renovar o pavimento do seu redor, instalando no seu lugar un de gres antideslizante, material que tamén se colocará noutras zonas da instalación e nas escaleira de entrada. As instalación ao redor da piscina terán unha nova pérgola metálica que creará unha parete de sombra na actual pradeira.

Estas melloras teñen un orzamento total de 51.267 €, dos cales, no presente exercicio a Xunta de Galicia e AGDER aportarán 15.549 € e o Concello 16.577; en 2013, o gobernó autonómico investirá 9.264 € e o municipio 9.876.

 

También te puede interesar