Comarcas

Tui aposta polo autoemprego femenino

O Centro Transfronteirizo de Dinamización Integral para as Mulleres (CEDIM) de Tui vai ofrecer un obradoiro para a xeración de proxectos de emprendemento feminino durante os días  26, 28 e 30 de novembro de 2012. A iniciativa ten carácter gratuíto para as asistentes.

Segundo informa hoxe o Concello de Tui, durante as sesións, abordaranse, entre outras cuestións, as diferentes fórmulas de autoemprego e os apoios e axudas existentes, co obxectivo de fortalecer o potencial das mulleres no desenvolvemento de proxectos empresariais rendibles.

O obradoiro está concibido como un espazo de formación dirixido a mulleres desempregadas ou interesadas na posta en marcha de iniciativas de autoemprego como posibilidade de acceso ao mercado laboral.

Trátase de presentar o autoemprego como unha opción de acceso ao mercado laboral, ao tempo que se melloran as competencias das mulleres para o emprendemento. Complementariamente, ofrecerase información das diferentes fórmulas de autoemprego, con especial atención ao cooperativismo, dando a coñecer os apoios e axudas dirixidas a este tipo de proxectos empresariais.

As persoas interesadas poden obter máis información e inscribirse ata o día 22 de novembro, ben de xeito presencial, no Centro de Dinamización Integral para as Mulleres de Tui, ben no teléfono 986.600.296 ou a través do correo electrónico [email protected].

CEDIM é un proxecto europeo cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional a través do Programa de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal 2007-2013 que pretende promover redes de cooperación transfronteiriza de ámbito municipal entre Galicia e o norte de Portugal e dotar á zona da raia de mellores recursos en materia de igualdade dunha forma coordinada, para aproveitar sinerxías que poidan mellorar a situación das mulleres, especialmente no que se refire á formación e o emprego.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.