A Asociación de Comerciantes e Hosteleiros Vigovello vén de poner en marcha unha campaña dirixida ao Comercio de Barrio. A finalidade da campaña é incentivar o consumo, aumentar as ventas, fidelizar e captar novos clientes de todos os comercios participantes, así como sensibilizar ó consumidor da importancia de manter o comercio na cidade e que as zonas comerciales e os barrios son un excelente lugar para pasear, desfrutar e mercar. “Con esta campaña pretendemos unir a oferta comercial e hosteleira e continuar coa promoción do barrio como referente de ocio na cidade”, aseguran os responsables desta asociación. Con cada compra nos comercios asociados e, cubrindo unha papeleta, entrarase no sorteo de distintas consumicións en distintos locais hosteleiros do Casco Vello; dende ceas para duas persoas ata almorzos e copas donadas polos propios hosteleiros. O periodo de participación comprende entre os días 12 de novembro e 1 de decembro. O sorteo terá lugar o Martes 4 de decembro no Centro Cívico Casco Vello na Rúa Oliva ás 12.30h.