Tras coñecerse que o Inserso non renovará o convenio coa Deputación de Pontevedra para o servizo de Teleasistencia Domiciliaria, este venres o presidente do organismo provincial, Rafael Louzán, afirmou que este debe ser asumido por unha soa institución, que adopte ese liderazgo e teña competencias na materia.
Sobre a continuidade do servizo –unha vez que o Inserso retirará para o ano 2013 a aportación que viña facendo ao convenio coa Deputación para atender a 1.143 usuarios en toda a provincia- Louzán destacou que é preciso armonizar o servizo e fixar as competencias neste asunto.
“Ata o de agora, a Teleasistencia ven sendo mantida pola Cruz Vermella, pola Xunta a través da Lei de dependencia, por algunha Deputación (…) e hai que fixar pautas e normas e coordinar axeitadamente o servizo” sinalou.
Para Louzán, é preciso, entre outras cousas, armonizar os prezos para os usuarios ata agora distintos e os contratos coas empresas adxudicatarias que manteñen a Teleasistencia, pois nalgúns casos son moi diferentes “e sería convinte un único tipo de contrato”, explicou Louzán.
Nesta liña de coordinación e fixación de competencias, Louzán manifestouse disposto a colaborar no mantemento do servizo ainda que a Deputación non tén competencias estrictas en asuntos de Servizos Sociais. “Ainda así”, lembrou que a Deputación de ontevedra destina a este tipo de servizos 17 millóns de euros anuais para Axuda no Fogar, plans para maiores e, sobre todo, os servizos que se ofrecen na residencia Príncipe Felipe.