Galicia

Fin de semana sen mortos nas estradas galegas

O 061 asistiu durante a fin de semana un total de 96 persoas debido a 78 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas dende as 3 da tarde do venres e as 12 da noite de hoxe. O maior número de atencións por sinistros rexistráronse o sábado con 39 accidentes.

A Central de Coordinación do 061 recibiu nestes días 97 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 78 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon a un total de 96 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 62 e 38%, respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase cun 51% dos atendidos tiña entre os 15 e os 34 anos. Por provincias foi A Coruña a que rexistrou máis accidentes con 32 sinistros de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 95. Así, ambulancia medicalizada acudiu a catro sinistros, as ambulancias asistenciais mobilizáronse en 83 sinistros, as ambulancias convencionais acudiron a catro accidentes, e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en catro  sinistros.

En 79 casos os feridos foron trasladados aos centros hospitalarios correspondentes, catro se levaron ao Centro de Atención Primaria ou Punto de atención continuada,  e 13 foron atendidos no propio lugar do incidente sen necesitar traslado.

 

También te puede interesar