Segundo informa a CIG, centos de traballador@s e usuarios do hospital Meixoeiro de Vigo participaron na concentración solidaria cos empregad@s da empresa ‘Oh Vigo’ -que rexenta a cafetería das instalacións– para reclamar a implicación do Servizo Galego de Sáude (Sergas), tras case 30 días de folga para esixir un novo convenio e denunciar que a dirección lles adebeda case cinco salarios.
Os afectad@s concentráronse por espazo dunha hora ás portas do Meixoeiro e cortaron o tráfico uns minutos en sinal de protesta.
O grupo de traballadores que secunda a folga decidiron convocar o paro indefinido despois de que o propietario se negase a asinar un novo convenio colectivo asegurando que non pode asumir as pretensións dos traballador@s, cando o único que reclamans é unha suba lineal de 20€ anuais.
Coa protesta queren denunciar tamén que se lles adebedan case cinco salarios e que o empresario pretendía cambiarlle as condicións laborais aproveitando a nova reforma. Desde a CIG aseguran que non é un problema de cartos porque esta empresa conta con outras concesións importantes, algunhas delas tan rendíbeis como a cafetería do Meixoeiro, que facía unha caixa diaria duns 3.000€.
Precisamente, os representantes dos empregad@s mantiveron unha xuntanza co director de Xestión do Chuvi, que lles confirmou que trasladará o asunto os servizos xurídicos da Consellería.
“Pedímoslle a súa implicación porque esta empresa lles adebeda diñeiro tamén a eles e os provedores”, explican fontes sindicales, ao mesmo tempo que reclaman que lle sexa retirada a concesión “porque isto é como unha bola de neve que se non se para vai pasar o mesmo que lle sucedeu á actual concesionaria, que colleu a cafetería cunha débeda da anterior empresa, Maconsi”.
E, ademáis: