Galicia

Sábado de manta e sofá, preparando a chegada do inverno, o martes

Xa o notarías, pero imos ser máis precisos e , tomando como referencia a previsión de MeteoGalicia, como verás, o día chega con ventos de compoñente sur fortes con intervalos moi fortes no litoral, tanto que en determinados lugares, como a costa atlántica e o norte de Lugo, chegarán aos 100 kilómetros por hora.

O caso es que estamos no camino dunha borrasca que, dende primeiras horas da mañá, está moi preto do litoral galego e que, aos seu paso, está a deixar, sobre todo na primera metade do día ventos fortes e ceos cubertos con chuvias intermitentes máis persistentes na metade oeste.

A medida que vaia avanzando o día, os ventos diminuirán a moderados e virarán a noroeste e os ceos permanecerán anubrados con chuvias febles e ocasionais. As temperaturas mínimas experimentaron un moderado ascenso, mesmo notable no interior e as máximas quedarán sen cambios significativos ou en lixeiro ascenso.

O peor chega o martes, cunha baixada das temperaturas de entre 5 e 8 º e, segundo as previsións da Axencia Estatal de Meteoroloxía, unha reducción da cota de neve hasta os 900 metros de altura. “a percepción que teremos será de que chegou o inverno”, asegura un dos meteorólogos da Axencia, quen lembrou que ate agora non tivemos días máis fríos porque non chegara unha borrasca da intensidade da que se espera a vindeira semana.

 

Te podría interesar