Vigo al minuto

Domínguez urxe ao alcalde vigués que medie no conflito laboral de Vitrasa

Sen entendemento á vista no conflito laboral de Vitrasa , o portavoz municipal do BNG, Santi Domínguez, reclamou este martes ao Goberno local “que force á empresa a sentarse a dialogar cos traballador@s para chegar a un acordo” e invitou ao rexidor, Abel Caballero coma responsable do mesmo a “protexer por riba de todo os traballadores e traballadoras das concesións das distintos servizos municipais”.

Domínguez considerou que nun servizo fundamental para a cidadanía como o de transporte público, o Executivo municipal “non pode mirar para outro lado” e argumentou que débese esixir á empresa que se sente a negociar e acadar un acordo rápido que garanta “condicións dignas” aos seus empregados e a volta á normalidade do servizo.

Dende o BNG lembran que levan tempo dicindo que Vitrasa ten que facer “algún tipo de sacrificio” como así o fixeron outras concesionarias que prestan servizos no Concello de Vigo, posto que se trata dunha “concesión millonaria que reporta á empresa beneficios millonarios”. Neste sentido, o líder nacionalista recordou que o ano pasado Vitrasa incrementou  xa a súa tarifa por rifa do IPC e aplicou a subida do IVE.

“As peticións que reclaman os empregados e empregadas de Vitrasa son razoables”, sinalou Domínguez, ao tempo que mostrou “a solidariedade e apoio” aos seus traballadores.

Por todo iso, Domínguez pediu xa por escrito á Caballero a súa mediación para solventar este conflito.

Se nada o remedia o vindeiro xoves, día 29, levárase a cabo a terceira xornada de folga en Vitrasa e, se non hai acordo no convenio colectivo entre as partes, os traballadores a converteranse nun paro indefinido a partir do lunes, 3 de decembro.

Por certo que segundo os cálculos da compañía de transporte urbano, durante o día de onte, un total de 45.817 persoas empregaron os servizos mínimos de Vitrasa dos cales o 86% realizáronse en hora punta. Esta cifra supón un incremento de máis de 250 viaxeiros con respecto a primeira xornada de folga do pasado luns 19. Con respecto aos traballadores, o 37% da plantilla secundou a folga.

Vitrasa, a través de comunicado, sinala que respecta o dereito á folga dos traballadores pero apela á responsabilidade de todos para garantir os servizos mínimos aos cidadáns en condicións óptimas xa que están a ser os maiores prexudicados con esta situación.

 

 

También te puede interesar