Segunda informa este xovez o Concello de Tui, a empresa adxudicataria ven de rematar a instalación dun parque infantil no paseo fluvial tudense que, cun investimento de más de 21.000€, ofrecerá aos cidadáns da localidade unha nova zona de esparexemento, deseñada especialmente para os cativos a partires do 3 anos de idade.
A instalación deste parque, que conta coas autorizacións requiridas pola lexislación vixente, realizase ao abeiro da subvención concedida, no seu día, pola Xunta e está financiada con fondos FEADER (Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rexional).
Coa instalación deste novo parque infantil o Executivo local tudense dota ao paseo fluvial dun novo equipamento que aumenta o atractivo deste lugar de lecer e paseo dos tudenses e visitantes.
Para a responsable de parques e xardíns, a concelleira Dorinda Olga Montes Moldes, con esta nova instalación se incrementa o número de espazos urbanos dedicados ao lecer dos máis pequenos incentivando ao mesmo tempo o uso do paseo un parque á beira do río Miño, que conforma un lugar de referencia para a nosa cidade.
Estas actuacións se enmarcan na vontade do Goberno municipal de mellorar as instalacións e equipamentos públicos para o lecer dos veciños e visitantes.