Vigo al minuto

A folga indefinida de Vitrasa, máis preto

A que prometía ser unha xuntanza longa para avanzar nunha negociación que evitase a folga indefinida convocada dende este luns, quedou nun total desescontro. A dirección e os traballadores de Vitrasa levantáronse da mesa ao redor das 6 da tarde logo de constatar que non había avance algún nas conversas.

Xa á hora do xantar os sindicatos negáronse a desconvocar o paro se non veían concesións por parte da concesionaria do transporte urbán de Vigo, o que fixo que a empresa deixase a reunión para falar co mediador, Casas de Ron,que conseguiu que os directivos volvesen á negociación. Os puntos que debían de tratarse, segundo o Comité de Empresa, eran os das xornadas de traballo, descansos e vacacións, “pero só se falou dos dous últimos, o cal non nos parece presentable”, ademáis, aseguran, “non houbo achegamento de ningunha clase, polo cal non vemos motivo para desconvocar a folga”.

A última oportunidade para que a cidade non se quede sen  servizo de autobuses empeza mañán, ás 10 da mañá, na mesma Inspección de Traballo, ainda que as partes, que o xoves amosaron a súa vontade de pechar un acordó, este sábado están “máis preto da ruptura das conversas que de chegar a unha solución”.

 

También te puede interesar