Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana un total de 63 persoas debido a 43 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas dende as 3 da tarde do venres ata as doce da noite de este luns. O 061recibiu nestes días 47 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 43 asistencias sanitarias por parte do persoal sanitario que atendeu a un total de 63 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 51 e 49%, respectivamente, nas idades dos feridos, obsérvase cun 27% dos atendidos tiña entre os 25 e os 39 anos e por provincias foi Pontevedra a que rexistrou máis accidentes con 18 sinistros de tráfico durante os desprazamentos destas datas.
Así, ambulancia medicalizada acudiu a catro sinistros, as ambulancias asistenciais mobilizáronse en 45 sinistros, as ambulancias convencionais acudiron a tres accidentes, e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en sete sinistros.
En 54 casos os feridos foron trasladados aos centros hospitalarios correspondentes, dous se levaron ao Centro de Atención Primaria ou Punto de atención continuada, e seis foron atendidos no propio lugar do incidente sen necesitar traslado e unha persoa faleceu no lugar do sinistro.