O Concello de Tui promove a celebración dun mercado de Nadal na Praza de San Fernando no centro do conxunto histórico da vila o vindeiro domingo 16 de decembro. Esta nova iniciativa da concellería do conxunto histórico que dirixe Nicolás Lorenzo Montes pretende a promoción e dinamización da zona histórica tudense.
Ata o vindeiro mércores 5 de decembro está aberto o período de inscrición para todos aquelas persoas interesadas en participar neste mercadiño a celebrar ao longo do domingo 16 de decembro. As bases desta convocatoria poden consultarse na web do Concello de Tui. En caso de choiva este mercadiño tería lugar no interior do Claustro da Catedral de Tui.
A convocatoria do Concello de Tui pretende realizar un mercadiño de productos navideños ao longo desta xornada, inspirándose na tradición doutros lugares –especialmente de Centro Europa- preténdese ofrecer un espazo para a venda de productos propios do Nadal como adornos navideños, figuras para o Belén, doces típicos do Nadal, entre outros produtos.
A Concellería do Conxunto Histórico está completando un programa de actividades complementario e así nesta mesma xornada terá lugar na Catedral tudense o tradicional Concurso de Corais que reúne a numerosos afeccionados á música tradicional. Igualmente os establecemento de hostelería da zona histórica ofreceran nesa xornada unha oferta gastronómica propia desas datas inmediatas ao Nadal.