Galicia

Feijóo aos conselleiros, “que Galicia sexa o último pensamento do día e o primeiro do día seguinte”

Eso é o que pediu o presidente da Xunta aos oito conselleiros cos que inicia a nova lexislatura. O novo goberno só ten unha cara nova, a do lucense Francisco Conde, que suple ao vigués Javier Guerra á fronte de Economía e Industria. Ademáis desta novidade a outra é o nomeamento de Alfonso Rueda coma vicepresidentes, ademáis de titular dos departamentos de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Nun acto moi breve, de apenas 20 minutos, Alberto Núñez Feijóo dixo, dirixíndose aos seus conselleiros, “pídovos que sempre elixades o camiño que sitúa a Galicia o primeiro”, e encargoulles a cada un empezar a acometer a resolución dos principlaes problemas coma a “reducción do paro”, a “vertebración de Galicia”, ou “acabar a lexislatura con máis hospitais”.

O presidente esixiu, ademáis, “humildade e respeto ás siglas que representades, que son as de Galicia”, e rematou  sublimando, “un tempo extraordinario como o que vivimos, require dunha dedicación extraordinaria por parte da clase política para que Galicia sexa o último pensamento do día e o primeiro do día seguinte”.

 

You may also like