Galicia

O ‘Chucán’ condenado a 10 anos de cadea polo asasinato dunha muller en 2007

Na sentenza, feita pública este venres, é condenado, por un delito de asasinato “sen a concorrencia de circunstancias modificativas da responsabilidade criminal”, a dez anos de cárcere, así como a indemnizar con 150.000 € ao fillo da vítima e con 13.634 euros, por dano moral e  polo sepelio, á nai da muller falecida.

O xurado popular declarou o pasado 1 de decembro culpable por unanimidade a José Carnero, coñecido coma ‘O Chucán’ dos cargos que se lle imputaban, e a xuíza ordenou o seu ingreso en prisión. Carneiro, que fora exonerado desta morte, volveu sentar no banco dos acusados tras recoñecer, en entrevistas xornalísticas, a súa implicación.

Contra a sentenza, que ademais determina a inhabilitación absoluta de o suxeito durante o tempo da condena e requírelle aboar as costas procesuais, cabe recurso de apelación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) nun prazo de dez días dende a notificación.

O documento considera probado que o 14 de setembro de 2007, Carneiro se dirixiu no seu vehículo dende a súa residencia, en Arxemil (Sober), ao club Tosca, situado en Ourense, onde traballaba a muller asasinada. Ela acompañouno ao seu domicilio para manter relacións sexuais.

Entre o sábado 15 e o domingo 16, José Carnero e Pilar dirixíronse a unha dependencia da vivenda de aquel na cal este gardaba a augardente, así como apeiros de labranza e diversos útiles, agredindo neste lugar á muller, cun ou varios obxectos contundentes, tales como un mazo, un machado ou un ferro alongado,indica a sentenza.

A mesma dá por probado que a agresión se produciu “con intención de matalae sinala que o corpo foi atopado o martes día 18 de setembro de 2007 nesa mesma dependencia da vivenda de Carneiro.

 

También te puede interesar