Comarcas

O polígono da Granxa dona alimentos aos máis desfavorecidos de Tui

O rexidor de Tui recibindo os alimentos non perecedoiros

O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, recibiu na Casa do Concello de Tui ao xerente da Entidade Urbanística de Conservación do Polígono da Granxa, Indalecio Cuevas, que fixo entrega ao rexedor de 1.000 quilogramos de alimentos non perecedoiros, coma un xesto solidario das empresas para aquelas persoas máis desfavorecidas da vila tudense.

Rodríguez, que estaba acompañado da concelleira de servizos sociais, agradeceu esta xesto solidario da Entidade do Polígono da Granxa que amosa o seu compromiso coa sociedade dos eu entorno ofrecendo esta doazón que o Concello de Tui distribuirá a través do seu departamento de servizos sociais entre os sectores máis vulnerables da sociedade tudense.

En nome do Concello e de todos os beneficiarios desta doazón o rexedor tudense agradeceu a sensibilidade deste colectivo do Polígono da Granxa nos tempos actuais de crisis e coa proximidade das festas navideñas.

 

 

 

También te puede interesar