Vigo al minuto

EU sinala que hay axudas para a Inspección de Edificios, “aínda que o Concello non as comunique”

Esquerda Unida de Vigo ven de denunciar que nas notificacións que están chegando aos veciños sobre a inspección técnicas dos edificios (ITE), “non se menciona que existen axudas económicas para as mesmas”, Para o coordenador local de EU a ordenanza relativa á inspección periódica das edificacións “ non está suficientemente explicada á cidadanía e sobre todo na parte relativa a posibilidade de obter axudas para pasala”.

Rubén Pérez lembra que o Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, con data 28 de setembro, aparece publicada á convocatoria de axudas á familias con menos recursos para pasar a devandita ITE e que esta convocatoria remata o 28 de decembro polo que anima á cidadanía viguesa a solicitar estas axudas que curiosamente “nin se mencionan na carta que está chegando ás vivendas construídas en 1981”.

EU considera que este derradeiro tramo do ITE “supón realizar a inspección sobre moitas vivendas unifamiliares construídas nas parroquias onde o desemprego está sendo especialmente virulento”.

Esquerda Unida lembra que o modelo para solicitar ás axudas está dispoñible na web do Concello de Vigo no link: http:// hoxe.vigo.org/ pdf/ urbanismo/modelo_solicitude_ 2012.pdf ao tempo que reclama que “esta líña de axudas ten que estar perfectamente visible na notificación que chega aos veciños e veciñas que en numerosas ocasións descoñecen a existencia das mesmas”.

 

También te puede interesar