Membros do Comité de Empresa de Vitrasa veñen de denunciar o que califican coma “medidas de presión” por parte da dirección da empresa logo de que 25 traballadores da concesionaria fosen obrigados a permanecer 45 minutos “secuestrados” nun autobús, na Praza de América.
Segundo a súa versión, un dos controladores da compañía ordenou ao conductor do autocar que pechase as portas do mesmo mentres avisaba á Policía de que os traballadores subíranse ao autobús e negábanse a baixar logo de completar o seu recorrido.
Pasados os devanditos 45 minutos, e logo de que chegase unha patrulla da Policía Nacional, o ‘controlador’ pediulles aos axentes que identificasen aos traballadores, ao que “os policías negáronse alegando que non podían facer tal cousa posto que tiñamos o noso billete para poder viaxar”.
Acto seguido, e logo de que baixaran do vehículo, seguindo órdenes, o conductor pechou as portas, “deixando tirados a uns 40 pasaxeiros que agardaban na Praza de América”, e foise sen recoller a ninguén.
Non é a primera acusación que se cruzan os responsables de Vitrasa e os traballadores, que este sábado cumpren 6 días de folga indefinida. Hai uns días a concesionaria denunciou que dosus dos autocares foron apedreados cando facían a ruta á Universidade. Naquela ocasión, a empresa indicou que as pedras foran guindadas con pasaxeiros dentro do bus e que “houbo moitísima sorte”, posto que as mesmas entraron polo cristal posterior e non feriron a ninguén.