COGAMI premiado pola súa labor de formación

Foto de archivo de un grupo de alumnos de COGAMI

A Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) vén de gañar un premio, o Miguel Hernández, que recoñece o labor que desenvolve o servizo de formación que ten e que traballa para a eliminación de desigualdades na educación, suprimindo as discriminacións.

COGAMI, dende o ano 1999 realiza diferentes accións formativas coas que intenta preparar ao colectivo que reprensenta. O organismo desenvolve tanto cursos de formación básica a persoas adultas, como de formación profesional e tamén de accións formativas dirixidas a persoas desempregadas, todas elas gratuítas para as persoas que participan deles e que se subvencionan tanto a través de entes públicos, como privados e/ou a propia Confederación.

Segundo lembra COGAMI, ao longo do tempo, o sistema educativo ordinario evolucionou favorablemente na atención da diversidade pero aínda lle queda camiño por percorrer e que agora se fai máis visible cos efectos da crise económica e dos recortes. Fáltalle recoñecer que dentro da diversidade hai máis diversidade e que aínda non se chegou ao estatus de acadar unha verdadeira escola inclusiva.

Un dos problemas do colectivo das persoas con discapacidade, plasmados nas propias enquisas de Discapacidad, Autonomía Personal y situación de Dependencia del año 2008 é que o colectivo das persoas con discapacidade se aprecian unha porcentaxe máis alta de persoas sen rematar os estudos primarios dentro da discapacidade e unha porcentaxe baixa de persoas con estudos universitarios.

COGAMI, consciente disto e do necesario que é para o noso colectivo o estar formado para inserirse no mercado laboral, imparte dende que se creou o servizo de formación cursos formativos en toda a comunidade e que hoxe recibe un recoñecemento por parte do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.

O premio consiste nunha cantidade económica dun  total de 16.520€ que servirán para seguir investindo na formación do noso colectivo de persoas con discapacidade.

Pero ademais do premio económico, obter un premio Miguel Hernández supón un recoñecemento e prestixio a nivel internacional xa que a primeira candidatura opta a participar nos premios internacionais de alfabetización da UNESCO.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.