Galicia

Os mariñeiros da flota cefalopodeira pechados no Concello de Marín, seguirán nel 24 horas máis

O máis de medio cento de mariñeiros, armadores e representantes sindicais, da flota cefalopodeira galega en Mauritania, que pasaron esta noite no Concello de Marín para esixirlle aos responsábeis políticos que cumpran os acordos pactados, celebraron este martes unha  asemblea, na que decidiron prolongar o peche polo menos 24 horas máis.

Segundo informa a Confederación Intersindical Galega (CIG), unha representación dos afectados reuniuse cos voceiros dos distintos grupos municipais para reclamarlles o seu apoio á manifestación que percorrerá as rúas de Marín este venres, día 14 a a partir das 8 e media da tardes.

Entre quenes xa lles trasladaron a súa solidariedade están o voceiro nacional do BNG e a súa responsábel de Pesca, Guillerme Vázquez, e Montse Prado, que “hoxe se trasladaron ao consistorio marinense para apoiar a reivindicación dos mariñeiros”.

 

También te puede interesar