Así de claro foi o presidente do Comité de Empresa quen, logo de lembrar que xa os traballadores xa levan 9 días de folga, denunciou que “estamos pagando os pratoz rotos entre a empresa e o Concello”, polo cal esixiu que o alcalde interveña, directamente, na mediación do conflicto.
Narciso Pazos salientou que na xuntanza de onte coa dirección de Vitrasa non houbo acordo e que este martes, ás 5 da tarde, as partes volverán á mesa de negociación, cos mediadores da Inspección de Traballo, eso sí, non deixou moita marxe á posibilidade dun acordo rápido, “as demandas dos traballadores non son esaxeradas e a folga seguirá mentras non haxa unha solución para elas”.
Pazos lembrou que a empresa quere subir, “de novo” o billete a partir de xaneiro, mentras que Abel Caballero repetiu, hoxe mesmo, que o prezo do billete estará conxelado en 2013, ao tempo que volveu afirmar, que en canto acabe a concesión a Vitrasa do transporte público de Vigo, no ano 2019, “non se renovará”. O alcalde rexeirou que o Concello faga máis aportacións de fondos públicos á concesionaria, “o Concello subvenciona aos cidadáns que pagan o seu billete”e pediu, de novo, a empresa e traballadores que cheguen a un acordo.
Pola súa banda a oposición criticou que Caballero non esté mediando na situación; o concelleiro popular Miguel Fidaldo declarou que “o alcalde ten que protagonizar a mediación e a negociación, á a súa obligación coma representantes dos vigueses”.
O voceiro municipal do BNG fixo a misma reclamación e, ademáis, unha advertencia, “unha das condicións que puxemos para aprobar os orzamentos de 2013 é que non se suba o billete do Vitrasa: é ilóxico que pretenda esta subida mentras medran os seus beneficios anuais”.