Vigo al minuto

Traballador@s de Povisa péchanse na Xunta para denunciar a súa situación

Ao redor de 20 membros da plantilla de Povisa pechártanse dende a 1 da tarde ate pasadas as 2 e media na Delegación da Xunta en Vigo en protesta pola situación que están a atravesar.

A súa intención era ser recibidos por María José Bravo Bosh, delegada do goberno galego, pero non foi posible. “Primeiro dixéronnos que estaba disposta a falar cun representante de cada sindicato e logo que non, que non recibiría a ninguén”. Maila a que a actitude d@s traballador@s e completamente pacífica, no interior do edificio están desplegados unha ducia de axentes da Policía Nacional e @s mesm@s tiveron que identificarse, “para facer fronte a unha posible sanción administrativa e, advertíronos, penal”.

Dende hai días a plantilla do hospital está realizando acciones de movilización para denunciar o seu rexeite á proposta de convenio presentado pola dirección da empresa e que, segundo denuncia, propón unha reducción dun 25% da base de cotización, a perda de máis da metade dos dereitos sociais adquiridos noutros convenios, e un Expediente de Regulación de Emprego (ERE) temporal ou “reducción de xornada obligatoria”.

Pola tarde, pasadas as 4, logo de concentrase diante do hospital, iniciaron unha manifestación que pasou pola Praza de América, Gran Vía e a de volta a Povisa subindo pola rúa Barcelona.

 

 

También te puede interesar