Vigo al minuto

As taxas e impostos municipais para 2013 suben un 2,1%, agás o Vitrasa e o recibo da auga

O Pleno da Corporación Municipal de Vigo aprobou este luns as ordenanzas fiscais relativas ao 2013 que, segundo indicou a concelleira de Facenda, “verán aplicado verán aplicado o incremento do 2,1%, correspondente  ao Indice de Prezos ao Consumo (IPC) do mes de abril, cando o actual é dun 3,4%”.

Raquel Díaz, quen esgrimiu uns datos do Ministerio de Facenda para defender que Vigo é a cidade galega con menor presión fiscal, “un 25% inferior que A Coruña, un 30% menos que Ourense e un 38% inferior que Santiago”, salientou que as  ordenanzas aprobadas “inclúen a conxelación nominal das taxas das escolas infantís municipais e do servizo de asistencia domiciliaria, do que se benefician 600 familias”, ademáis do prezo do Vitrasa e do recibo da auga, “na súa parte municipal”, polo cal demandou á Xunta que “retire o canon autonómico que incrementará a tarifa nun 30%”.

O Concello  rebaixa nun 90% o importe da taxa de actividade aos locais comerciais con menos de 150 metros cadrados de superficie, segue a bonificar durante dous anos o 75% do imposto de vehículos aos coches con baixas emisións, desconta un 20% a taxa de lixo a oficinas e un 10% aos negocios afectados pola suba estatal do IVE do 8 ao 21%. Ademáis diso, Díaz indicou que o Concello subvencionará o 92% do custe das escolas infantís e o 85% da escola de música.

Pola súa banda, o grupo municipal do BNG respaldou as ordenanzas por “terse incluído as nosas enmendas destinadas a minorar a carga fiscal aos que menos teñen, como a conxelación da auga e do autobús”.

As novas taxas e impostos non son do agrado do Partido Popular, que votou ‘non’ á suba do 2,1% das mesmas ao tempo que esixiu unha redución do gasto. O concelleiro Miguel Fidalgo criticou que “o goberno local pague 2,3 millóns en intereses de créditos o próximo ano e abone 6 millóns á concesionaria da basura pese a incrementar o recibo en 2 € aos vigueses”.

 

También te puede interesar