Un ano máis, a Asociación Cultural ‘O Coto’ organiza o xa tradicional Concerto de Música Clásica, o vindeiro sábado, día 22 (8 da tarde) na Igrexa Parroquial de Santa Mariña de Cabral.
Nesta ocasión o mesmo correrá a cargo do dúo de música barroca Saltaren, formado por Carla Lorenzo (Cabral-Vigo) e Rui Grenha (Leiria-Portugal), dous músicos diferentes pero con grandes afinidades artísticas. Ambos son alumnos do Conservatorio Superior de Música de Vigo, ela de piano i el de guitarra clásica.
O repertorio que interpretan abarca o periodo ente os séculos XVI e XVII en España, pero tamén en Francia e Italia e recuperan algunhas das reliquias deixadas escritas polos mestres de antaño.
Os asistentes terán a oportunidade de disfrutar dunha música chea de xestos e movementos, de contrastes e ostinatos, interpretada con rigor histórico e intentando reconstruir as prácticas musicais de outros tempos que tanto lle fascinan e que levan asi a cabo un traballo a favor da arte e da recuperación do patrimonio histórico musical.