Galicia

A CIG denuncia que os funcionarios peor pagados levarán o peso do recorte na nómina anunciado pola Xunta

A Confederación Intersindical Galega (CIG) ven de acusar á Xunta de mentir sobre a incidencia do recorte das nóminas dos funcionarios da administración galega en 2013. A central salienta que o recorte “afectará máis aos grupos máis baixos”, de xeito que “non é porcentualmente proporcional ás retribucións e carga máis a rebaixa de soldos en quen cobra menos”.

A central, en contestación ás declaración do vicepresidente Rueda de que “o meirande esforzó vaise pedir aos que cobran máis”, eque sería “moito menor para os demáis”, afirma que Rueda “continúa na liña da mentira iniciada por Feijóo”.

A CIG sinala que o recorte ao bedel din instituto é do 4,89% fronte ao 5,97% dun subdirector xeral, “moi lonxe dos datos da Administración que afirma que habería catro puntos de diferencia”. A Xunta asegurou que os empregados públicos con menor retribución perderían ao redor dun 2% sobre o que ingresarían se lles ingresasen as dúas pagas extra completas, e que os mellor pagados terían unha rebaixa do 6%.

 

You may also like