A Marcha Mundial das Mulleres convoca para este mércores (20 h.) diante do MARCO, unha concentración o mércores en repulsa polo asasinato, a mans da súa parella, dunha muller en Ferrol o pasado venres. O acto pretende que “a indignación de toda a sociedade saia á rúa” para “rexeitar o cruel asasinato desta muller” e “denunciar a violencia machista padecida polas mulleres”.
Os feitos aconteceron o pasado día 21, cando a muller, de 42 anos de idade, recibiu varios disparos, efectuados pola súa parella, quen despois se suicidou nun domicilio do concello coruñés de Fene.