Comarcas

O Concello de Tui achega máis de 14.000€ a entidades educativas

O Concello de Tui ten achegado ao longo do ano 2012 un total de 14.350€ en subvención directas e nominais a diversos grupos e colectivos relacionados co mundo da educación do municipio e que teñen contribuído ao funcionamento destas agrupacións e a realización de actividades diversas.

Segundo informan este venres fontes municipais tudenses, os colectivos subvencionados son os seguintes: ANPA “As Olivas” (Ceip nº 2), Cep Caldelas, Ceip A Gándara -Guillarei, ANPA Tyde (Colexio Rural Agrupado), ANPA Ceip Randufe, ANPA A Porteliña – Pazos de Reis, ANPA Colexio Marista “Santa María”, ANPA O Mencer – Rebordáns e ANPA Diomedes (Ceip nº 1).

Amais destas achegas que figuran nominativamente nos orzamentos municipais para 2012 o Concello de Tui ten colaborado con medios económicos, humanos e materiais na realización de actividades de todo tipo con estas entidades e con outras agrupacións relacionadas coas diversas comunidades educativas existentes no municipio.

Para a concelleira de Educación, Vanesa Rodríguez Pereira, estes importantes investimentos testemuñan o compromiso que asume o Concello para colaborar, na medida das súas posibilidades, nas diversas propostas que promoven estas entidades e que contribúen á dinamización dos centros educativos e a promoción de actividades de formación e lecer cos alumnos e as súas familias.

Este investimento forma parte esforzo que en materia educativa promove o Concello de Tui para proporcionar aos veciños una ampla oferta neste ámbito, onde a referencia ao Conservatorio e Escola de Música xunto a Aula da Uned é imprescindible pois son elementos básicos dos equipamentos que promove este Concello tudense en materia de formación e educación.

También te puede interesar