
O presidente da Deputación Provincial, Rafael Louzán, e o alcalde de Redondela, Javier Bas Corugeira, inauguraron este domingo, xunto cos veciños da vila, as obras de reforma do pavillón polideportivo municipal de Chapela.
A remodelación se levou a cabo a través da colaboración entre o Concello de Redondela e a administración provincial.
O investimento destinado a esta actuación ascendeu a 485.737,56€ dos cales a Deputación financiou 346.384,75€ e os restantes 139.352,81€ foron asumidos pola administración local.
As selección absolutas de balomán de Galicia e Australia foron as encargadas de estrear oficialmente as instalación cun partido amizoso esta mesma tarde.
O pavillón polideportivo de Chapela, de titularidade municipal, presentaba unha serie de deficiencias que impedían a súa utilización de xeito normal, necesitando unha profunda remodelación, tanto na pista de xogo como nos elementos complementarios.
A obra supuxo unha reforma profunda do Pavillón Polideportivo e incluíu actuacións no interior e no exterior do edificio, mellorando tanto a súa funcionalidade como a imaxe externa. Adaptouse o local do semisoto (de 346 m2) para albergar unha Escola Elemental de Música, dotándoo de aulas e salas convenientemente insonorizadas.
Para mellorar as condicións de habitabilidade e o aspecto exterior do edificio, procedeuse ao tratamento das fachadas aumentando o illamento térmico e a impermeabilidade, así como cun pintado integral do edificio. As terrazas e os seus accesos tratáronse con mortero e pintura impermeable e instalouse un cerramento metálico para evitar actos vandálicos.
Con estas obras, Deputación e Concello apostaron por optimizar recursos e posibilitando que as instalacións non só sigan prestando un servizo ao deporte, senón que abran as súas portas a un novo uso: a formación musical de nenos e nenas.