Sucesos

Rescatada unha percebeira que caeu ao mar en Muxía

Unha percebeira de 54 anos, resultou ferida este xoves logo de caer ao mar na zona de Touriñán, no concello de Muxía. M.E.D.A. foi rescatada por varios compañeiros e evacuada polo 061 ao Hospital Virxe da Xunqueira.

Os feitos ocorreron pasadas as 10 da mañá cando a muller caeu ao mar dende unha zona rochosa cando traballaba en Moreira. Axiña os compañeiros que traballan cando a ela rescatárona e pediron asistencia médica.

 

Te podría interesar