As obras de construcción do terreo de xogo no campo de fútbol de Foxo-Caldelas remataran nestes días, logo da demora nos prazos de execución derivadas das adversas condicións climatolóxicas que houbo nas primeiras semanas do pasado mes de decembro. Ase o informou hoxe o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, quen congratúlase desta obra que da cumprimento o compromiso manifestado de culminación do proceso de construcción deste equipamento deportivo.
O importe desta obra supera os 234.000€ sendo financiado nun 50% pola Deputación de Pontevedra, namentres que o restante 50% é asumido polo Concello de Tui.
A zona na que se actuará supón unha superficie de 5.586 m2. O terreo de xogo xa foi explanado, nivelado e compactado na fase previa do proxecto. Nela, executouse unha capa de zahorra artificial así como unha capa de aglomerado que servirá de soporte ao céspede artificial que agora se colocará.
Os lindeiros do campo cterán cunhas bandas de ancho de 2,5 metros nas do fondo e de 2 metros nas laterais. O campo contará con herba artificial, un campo de fútbol 11, dous de fútbol 7, dúas bancadas para suplentes, un xogo de banderíns de córner, un marcador electrónico así como unha varanda perimetral de aluminio que delimite o terreo de xogo.
Complétase a intervención cunha rede de drenaxe para eliminar a auga da choiva e o sobrante do rego a través dunhas rellas situadas nas bandas.
A partir de agora o municipio tudense contará con tres campos de herba sintética: o existente no complexo deportivo Álvarez Durán, o campo da parroquia de Ribadelouro e este de Caldelas.