UGT, CCOO, CIG, Csica, Confederación de Cuadros e CGT veñen de convocar unha xornada de folga xeral nos bancos nacionalizados, Banco de Valencia, Bankia e Novagalicia Banco, para o vindeiro 6 de febreiro.
A nova foi confirmada polo secretario xeral da Confederación de Servizos da Unión General de Trabajadores (UGT), quen anunciou que, ademáis, haberá manifestacións en sete cidades este mércores, día 23, e paros parciais nas devanditas entidades o 30 de xaneiro.
Os sindicatos decidiron facer un paro de 24 horas nas tres entidades, propiedade do Estado, porque “os xestores das mesmas non fixeron intento algún para chegar a acordos que recorten o número de despidos”. Ademáis, as centrais subliñan que, aparte de non poder acadar acordos que supoñan medidas non traumáticas para os traballadores, “non hai garantías sobre o futuro dos bancos nin sobre o futuro das plantillas que quedan neles”.