Galicia

O Concello de Compostela desvela que o funcionario que denunciou ao alcalde ten aberto un expediente

O policía local que interpuxo unha demanda xudicial que foi aceptada pola xuiz que ven de imputar ao alcalde de Santiago, Ángel Currás, e ao seu antecesor, Gerardo Conde Roa, ten un expediente sancionador aberto polo Concello e pendente de cumprir. Nel, suspéndese un mes de emprego e soldo ao funcionario por utilizar o coche patrulla nun desprazamento particular, ao que se suman outros tres días de sanción por saír co vehículo do termo municipal.

Así o revelou este mércores, en rolda de prensa, o concelleiro de Tráfico e Seguridade Cidadá compostelán. Albino Vázquez, que tamén está imputado por supostos delitos de prevaricación e  acoso moral  a este axente, asegurou que aínda non recibiu a notificación xudicial da imputación, ainde que sí coñecía a denuncia presentada polo policía, xa que entrou por Rexistro do Concello, e explicou que «está pendente de cumprila», toda vez que a demanda «propón a suspensión» da súa aplicación.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.