Deportes

Se queres premiar o deporte feminino galego, este é o momento

O próximo día 9 de marzo celebrarase no Concello de Ames a II Gala do Deporte Feminino en Galicia, na que se premiará ás mellores deportistas, técnicas, entidades, árbitras e clubs da pasada tempada.

Con este acto, Mulleres deportistas Galegas (Mudega) busca lograr a visibilidade do deporte feminino, “un dos obxectivos principais do noso colectivo: lograr que os éxitos do deporte feminino sexan recoñecidos pola sociedade e para iso é necesario ser visibles nos medios de comunicación”, comenta a súa presidenta. Esta gala é posible grazas á colaboración do Concello de Ames que quere celebrar así o Día Internacional da Muller (8 de marzo) e, ademáis do acto, realizaranse ao longo do día varias actividades deportivas.

O prazo de recepción de candidaturas está aberto dende onte e finalizará o próximo día 15 de febrero e poden presentar propostas federacións, concellos, institucións, medios de comunicación, clubs e persoas a nivel particular. Posteriormente estas candidaturas, que deben ser enviadas ao correo [email protected], serán analizadas por un xurado que será o encargado de decidir a quen se le outorgan os premios.

Os premios que imos entregar son os seguintes:

Mellor directivo/a (máis comprometido/a co deporte feminino); Mellor deportista feminina; Mellor deportista feminina promesa; Mellor equipo feminino; Medio de comunicación amigo do deporte feminino; Premio á traxectoria; Mellor árbitro ou xuíza;  Institución pública amiga do deporte feminino; Entidade privada máis colaboradora co deporte feminino;  Mellor adestrador/a feminino;  Mellor iniciativa a prol do deporte feminino.

 

También te puede interesar