Vigo al minuto

Este venres comeza o Teatro á Feira

Las funciones serán en el auditorio municipal del Concello

Comeza a primeira edición da Festa de Teatro Emerxente: Teatro á Feira, que terá lugar no auditorio municipal do Concello dende hoxe  e ata o domingo. A feira está organizada pola Asociación de Titulad@s en Estudos Superiores de Arte Dramática (ATESAD), en colaboración coa Concellería de Cultura e Festas.

O programa comezará este venres coa compañía Escénate, que representará a obra Mambo, ás 20:30 horas.

O sábado haberá sesión continua, comezando ás 12:30 horas coa compañía Artefakto que estreará a obra Laranxus 7, destinada ao público familiar.

Xa pola tarde, ás 19:00 horas, no vestíbulo do auditorio –con aforo limitado a 85 persoas- estrearase a obra Igual que los tuyos de Artmonium, e ás 19:30 horas outra estrea, Julieta virtual de Anómico Teatro.

A continuación, ás 20:30 horas, de novo no patio de butacas, a Compañía das Marías traerá Malena , llena eres de gracia, e ás 23:00 horas pechará con Improperio a compañía Triatreros.

O domingo 3, ás 12:30 horas, o alumnado da Fundación Igualarte estreará a obra Con moito conto, destinada a público familiar. A clausura, ás 19:00 horas, correrá por conta da compañía Triatreros, con Hámster.

As entradas están á venda nos establecementos colaboradores, a un prezo de 6€ adultos, 5€ reducida (para@s, xubilad@s, estudantes e parellas e 3€ menores de 12 anos.

También te puede interesar