“Necesitamos xuíces, fiscais, peritos e policía xudicial especializada en corrupción, se non é así, teremos a batalla perdida”. Quen o dixo foi o Fiscal Xefe de Galicia, nunha conferencia celebrada na Casa da Cultura Galega, en Vigo. Carlos Varela calificou a corrupción de “enfermidade social”, e sinalou que “é necesaria unha cultura cidadá, que non acepte os comportamentos corruptos, ainda que non sexan delictivos”. Ao seu xuizo, eso non será posible si non se ten informados aos cidadáns e se a Xustixa non actúa con máis axilidade.
“Para que haxa un sistema eficaz é fundamental que sexa rápido”, salientou o fiscal quen recoñeceu que “temos un problema, xa que mentras somos áxiles nos delitos pequenos, os xulgados bloquéanse cos casos máis graves”. Cal é a solución?, Varela indicou que a mesma pasa por que os xulgados teñan máis recursos, por correxir os sistemas de traballo, “que xa está anticuado” e por actualizar unha estructura xudicial “que xurdiu na época de Napoleón e que é imperioso adaptar á realidade de hoxe”. Carlos Varela avogou pola creación dunha estructura xudicial baseada en “ múltiples xulgados individuais, ao xeito de pequenas illas”.
A súa prersenza en Vigo estivo acompañada, dentro e fora da Casa da Cultura por Afectados pola Compra de Preferentes que poideron seguir a súa intervención e mesmo expor a súas dúbidas. Entre elas preguntaron ao fiscal xefe porqué non se tomaron medidas contra a bancalización das caixas e os abusos dos seus consellos de administración; na opinión de Varela “o problema foi que fallou o mecanismo de control para por coto aos excesos” e sinalou que “estase estudando a responsabilidade legal dos membros do Banco de España”.