Vigo al minuto

Dende este domingo pola tarde, frío, moito frío

Ademáis de ventos de ate 80 quilómetros por hora e choiva, a borrasca que chegou este domingo a Galicia trae unha baixada da cota de neve no interior das catro provincias. Logo do paso desta fronte, persistirán os días pasados por auga, con treboadas e granizo que veñen acompañados por un vento do noroeste que fará que baixen as temperaturas. Eso suporá que as nevadas chegarán a cotas de 300 e 200 metros…nos que, nin en inverno é normal que neve.

Segundo MeteoGalicia, hoxe mesmo podería haber folerpas xa a 400 ou 600 metros de altitude, especialmente no interior de A Coruña e, xa de noite en 200 ou 300 metros, podéndose acumular entre 2 e 5 centímetros de neves no interior de A Coruña e Pontevedra, chegando aos 20 centímetros en Ourense e Lugo. Nas capitales destas provincias a temperaturas baixarán ate os 0 graos, mentres que en Santiago agárdanse mínimas de 2º, de 4º en Pontevedra, 5º en Vigo, e 6º en A Coruña.

 

También te puede interesar