Galicia

Máis de mil cincocentos traballadores de Navantia concéntrase diante do Parlamento de Galicia

Os traballadores, de Navantia e dalgunhas das empresas auxiliares do asteleiro ferrolán, concentráronse este mércoras diante do Parlamento de Galicia para denunciar a falla de carga de traballo do mesmo e esixir que o ‘flotel’ contratado coa Petroleiro Mexicana (PEMEX) empece xa a fabricarse, sen ter en conta o que pase con Barreras.

O voceiro do Comité de Empresa advertiu que Navantia non pode agardar o mes que adiantou Feijóo que pediría a PEMEX para que Barreras conseguise o aval para poder asumir a ensamblaxe do segundo buque. Ademáis diso, os traballadores deixaron craro que non van renunciar ao proxecto do dique flotante, que iría á división de Reparacións e denunciaron que a Xunta non cumpre a súa palabra nen pide explicacións ao Goberno central, calificando de mentireiro” ao ministro de Facenda, Cristóbal Montoro por asegurar que Navantia tería suficiente carga de traballo

Os manifestantes criticaron, ademáis a “blindaxe policial” do Parlamento, onde había desplegados 12 furgóns de efectivos Antidisturbios, asegurando que os traballadores de Navantia non son unha ameaza para ninguén e so piden o que garantan os seus postos.

 

También te puede interesar