
O comité de empresa do hospital Povisa de Vigo ten convocada unha manifestación este domingo, día 17, para denunciar a pecarización laboral e a perda de calidade asistencial. Este xoves continuaron as protestas arredor do centro médico mentres a dirección segue sen querer retomar as negociacións do convenio colectivo.
A marcha deste domingo día 17 partirá do cruce das rúas Vía Norte con Urzaiz ás 12.00 horas para denunciar que a empresa continúa a precarizar as condicións laborais do persoal, o que repercute moi negativamente sobre a calidade da asistencia que se lle presta a usuarios e pacientes.
Por outra banda, este xoves continuaron as protestas que cada semana desenvolve un grupo de traballadores arredor do centro médico. Previamente, celebraron unha asemblea na que analizaron a concentración celebrada esta semana diante do Parlamento, ademais de da conta sobre a solicitude da Inspección de Traballo a Povisa da documentación sobre as reducións de xornada co obxecto de sancionala por tomar a decisión de xeito unilateral.
